top of page

FEBREIRO 2023

A dignidade
das nosas letras

Rosalía significa moito para nós. É a figura senlleira das nosas letras e ficaremos para sempre en débeda con ela por ser a primeira muller que considerou a lingua galega como ferramenta literaria.

​

Por iso, recordala cada 23 de febreiro, o día do seu nacemento, é un acto de xustiza e de poesía. E que necesitados estamos nestes tempos das dúas cousas.

​

A mellor maneira de homenaxear a Rosalía e volver ler, unha vez máis, os seus poemas, que ás veces nos falan da dureza da vida pero que sempre agochan un fío de esperanza.

23 de febreiro Día de Rosalía.png
Logo_EDLG_corazón_transparente.png

as cancións

Pouco a pouco imos construíndo a nosa colección de cantigas en galego. Entra para ver se hai algunha nova que che guste!

o calendario

Comeza o curso 22-23 e estamos felices porque podemos recuperar actividades que se suspenderon durante a pandemia.

a lingua

Cada día queremos falar e escribir mellor. Nunca acabamos de aprender ningunha lingua. Aquí poderás atopar recursos para ese obxectivo.

bottom of page