O proxecto
O equipo de dinamización da lingua galega do CEIP de Sestelo-Baión ten como finalidade promover o seu uso e coñecemento entre toda a comunidade educativa.
Na dinamización da lingua teñen unha influencia moi importante os valores e preconceptos sociais que, no caso do galego, adoitan ser obstáculo máis que incentivos. É un obxectivo esencial do equipo loitar contra os prexuízos que rodean a lingua galega.
Confesamos tamén a nosa preocupación por unha progresiva perda de competencia comunicativa en lingua galega e desexamos revertir esa situación con traballo e moita sensatez.
Todas as persoas dispostas a colaborar son benvidas no proxecto pois é unha tarefa compartida na que nunca sobran forzas.

O logo
A imaxe que identifica o noso equipo quere simbolizar o valor afectivo que nos liga á nosa fala. Só se aprecia aquilo que se coñece. A lingua galega precisa de espazos que axuden a prestixiar o seu uso entre as novas xeracións e que garanta a transmisión dun patrimonio valiosísimo.
O equipo
O equipo no curso 2022-2023 está formado polas seguintes persoas:
Coordinadora: M.ª Esperanza Doval
Membros: Montserrat Cancelas, Ana Leis, David Paz e José Lede






