NOVEMBRO 2022
Si ao bo trato,
si aos coidados
"Se imos combater a discriminación e a inxustiza contra as mulleres, debemos comezar polo fogar pois se unha muller non se pode sentir segura na súa propia casa, entón non pode esperar sentirse segura en ningunha parte".
Aysha Taryam
Escritora e xornalista emiratí
Todas as persoas teñen dereito a sentirse seguras, en todas as partes e en todo momento.
Todas as persoas deberiamos ter o compromiso de coidar da xente que nos rodea. Trátase dunha decisión persoal sobre a que debemos reflexionar.
A violencia contra as mulleres ten moitas caras e unha delas, por habitual e normalizada, é das que pasa máis desapercibidas. Digamos si ao bo trato, a convertir cada día das nosas vidas nunha experiencia plena e gozosa para toda a xente. Coidar de outras persoas é o que verdadeiramente define a nosa humanidade.