top of page
IMG_20191220_122258_1.jpg

DECEMBRO

A ilusión do Nadal

No mes de decembro renovamos a maxia do Nadal. E non nos referimos só á ilusión dos cativos pola chegada dese agasallo tan desexado, non. Falamos dos adultos, que nestas datas temos permiso para ser nenas e nenos outra vez máis, porque a través da ilusión dos máis pequenos voltamos a experimentar ese entusiasmo que ilumina cada sorriso infantil. Compartamos todos a alegría dun tempo no que o mellor é estar todos xuntos e en harmonía.

Agasalla galego (1).png

As nosas propostas

No Nadal tamén podemos darlle unha oportunidade á lingua galega. Existe toda unha gama de produtos culturais no noso idioma. Para que vos resulte máis doada a busca, aquí tedes unha selección de sitios na rede.

Alí. Recursos en galego para a educación infantil

Agasallo. Ideas para regalar en galego

Boh Galicia. Deseño feito en Galicia

Deica creacións. Deseño galego

Ultramarinos Deseño Galego. Unha tenda de souvenirs galegos cun deseño renovado 

nadal en galego.png

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

36614 - Baión

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

bottom of page