MAIO
O maio sempre chega
Podiades pensar que este ano non había maio, pero a primavera sempre chega. Non hai virus que a deteña. É certo que non poderemos xuntarnos para contemplar esas pezas fabulosas nas rúas e nas prazas. É certo que tivemos que gardar todos eses días de marzo e abril nun sitio temporal, nunha especie de almacén imaxinario. Agora, con sentidiño, imos gozar do aire libre, dos paseos pola beira do mar, dos camiños a carón do río, de darlle aos pedais da bicicleta.
Ai, canto temos que aprender desta primavera! Entender, por exemplo, que as cousiñas que parecían máis pequenas eran realmente as máis grandes. Que estar no cole coa xente coa que máis nos divertimos era algo tan valioso. Que erguerse cedo pola mañá non era tan terrible. Que poder gozar dun día de sol mentres saboreamos un xeado nunha terraza calquera é o que convirte a nosa vida nunha experiencia completa e feliz. Os adultos sempre andan a dicir que só se aprecia o valor das cousas cando se perden. Aprenderemos desta vez?
NON ESQUEZAS LAVAR BEN AS MANS.
É A MELLOR MANEIRA DE PROTEXER A TÚA SAÚDE
RECURSOS PARA DOCENTES
​
Ricardo Carvalho Calero (Día das Letras Galegas) - Seminario Galán
​
​