top of page

MARZO

Elas

Se te paras un momento a cavilar, seguro que veñen á memoria moitas mulleres que foron, son e serán importantes na túa vida.

Pode que sexa unha avoa que te coida desde que naciches e que comparte contigo a experiencia dunha vida enteira.

Pode que sexa unha nai que se ocupa de ti e que te acompaña cada día, pensando en como lograr que te sintas forte e feliz.

Pode ser esa irmá que te protexe e que garda fielmente o segredo das túas confidencias.

Quizais é unha amiga, aquela coa que te sintes tan a gusto que podes ser ti sen ter que parecer outra persoa. Todas elas son importantes para ti.

Na historia da humanidade houbo mulleres moi relevantes. Sen embargo, as nosas pequenas historias, as vidas que tecemos con instantes de alegrías e tamén de penas, non poderían comprenderse sen elas. 

Na escola de Baión, neste mes de marzo, imos lembrar as mulleres que máis significado teñen para nós. Queremos amosar con agarimo o noso recoñecemento para todas elas. Porque son, sen dúbida, as mulleres das nosas vidas. 

Logo_EDLG_corazón_transparente.png
8.png

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

36614 - Baión

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

bottom of page