top of page
OUTUBRO
Caen as follas, ten que ser outono
—E aquí estamos na escola outra vez.
—Si, pero este ano é ben diferente.
—Xa sei, xa sei. Pero o outono non entende de virus. As follas caen igual, as castañas saen dos ourizos...
—E a cativada ten gañas de leria!
—Si, xa ves. Iso non cambia.
—E por que había de cambiar?
—O único é que agora temos que facer as cousas doutro xeito. Como din os maiores: temos que reinventarnos.
—Pois seica os profes están preparando unha exposición virtual de cabazas. Non queren que quedemos sen a nosa exhibición de todos os anos.
—Ti xa pensaches en como decorar a túa?
—Non sei, pero a noite de Samaín está máis próxima do que parece.
—Xa me contarás a túa idea.
—E ti tamén. Xa me dirás como pensas facer.
bottom of page