top of page

17 de maio de 2011 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Da mesma maneira que celebramos o noso cumpreanos, unha data moi importante para cada un de nós, así celebramos tamén, TODOS OS GALEGOS, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O 17 de maio de 1863 publicouse CANTARES GALLEGOS, de Rosalía de Castro. Cen anos máis tarde quedou establecido ese día como o Día das Letras Galegas, unha festa adicada á nosa lingua.

Neste ano 2011 homenaxéase a LOIS PEREIRO, poeta lugués nado en Monforte de Lemos, que adicou a súa curta vida á poesía.

Tamén se festexa:

-Ano Internacional dos Bosques.

-Ano do morcego.

-O 50 aniversario da publicación de “Meorias dun neno labrego” de Neira Vilas.

-O 125 aniversario do nacemento de Castelao.

Nós, os alumnos de 6º, non queriamos deixar pasar esta data sen coñecer un pouco máis da vida e da obra de Rosalía, autora que nos parece un soporte moi importante da nosa lingua e da nosa cultura.

O 17 de maio é o día da Internet. Esperamos que a nosa lingua medre máis coa axuda das novas tecnoloxías.

 
 
 

Comentários


Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

36614 - Baión

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

bottom of page