top of page

“COÑECER OS NOSOS MONTES”


O pasado venres 4 de abril , as nenas e nenos do 3º Ciclo participamos nunha actividade organizada pola Comunidade de Montes veciñais en Man Común de San Xoán de Baión .O motivo era celebrar o do Día Internacional da Árbore , que foi o oficialmente o 21 de marzo.

Saímos do cole e fixemos unha marcha a pé pasando polo monte do Castro ata chegar ao lugar de Montecelo. Alí despois de escoitar unhas breves explicacións , cada un de nós plantou un carballo.

Logo da camiñata e da plantación repuxemos forzas cunha saborosa merenda , que agradecemos á Comunidade de Montes.

Foi unha xornada ao aire libre na que disfrutamos da beleza da nosa paisaxe.

 
 
 

Comments


Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

36614 - Baión

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

bottom of page