Manuel María
- EDLG Baión
- 20 jun 2016
- 1 Min. de lectura

Estes poemas son unha mostra das moitas actividades que se fixeron neste curso para coñecer a Manuel María, cantor da Terra Chá, escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas.
Houbo recitado e cancións baseadas no seu poemario, e tanto nas aulas coma no centro as alumnas/alumnos e mestres aprendimos algo máis da sua gran obra de poesía, teatro, narrativa e ensaio.
Tamén lembrar que podedes escoitar a obra: Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo, no blogue os7especialistas, querendo homenaxear así a Manuel María.
Kommentarer