Por novos camiños
- EDLG Baión
- 20 oct 2011
- 1 Min. de lectura
O blogue “Cousas do cole” está a piques de celebrar o seu quinto aniversario. Botou a andar alá por novembro do ano 2006. Moito lle debemos á profe Esperanza polo tempo que lle dedicou a mantelo vivo, e por suposto tamén a todos os nenos e nenas que participaron dun xeito ou doutro na súa elaboración. Algúns destes rapaces xa non están no colexio pero sei que aínda se pasean polos nosos sitios na rede e sinten algo de morriña daquel tempo que aquí pasaron. E despois de cinco anos tocábanos xa facer unha mudanza. A casa vella deixou paso a esta nova, tan limpa e nova que aínda non a coñecemos ben de todo. Pero seguro que entre todos imos sacarlle moito proveito a todas as súas posibilidades. Xa hai tempo que as novas tecnoloxías entraron a formar parte das ferramentas que os ensinantes utilizamos nas escolas, pero, como en todo, hai que sabelas usar con sentidiño, sacándolle o mellor que teñen, favorecendo a seguridade no seu uso e poñéndoas ao servizo dos nenos, e non ao revés. Ese é o noso propósito como educadores, e nesa tarefa podemos colaborar todos. Que sexa hoxe día de ledicia! Que se escoite a nosa voz en toda Galicia!
Comments