top of page

PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS

Queridas familias:

Nesta quincena do mes de maio temos o pracer de convidarvos a Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells situada no primeiro piso do cole. Esta exposición pretende visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.

Un cordial saúdo.


Comments


Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

36614 - Baión

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

bottom of page