PROXECTO OLIMPÍADAS
- EDLG Baión
- 19 mar 2017
- 1 Min. de lectura
Con motivo das pasada olimpiadas, Brasil 2016, decidimos comezar un proxecto dende a biblioteca de centro e orientalo cara á preparación das olimpiadas Xapón 2020.
O pulpo Simón, a nosa mascota, anduvo argallando das súas e deixou ciscados polo patio os 5 aneis que forman a insignia dos xogos olímpicos. Cando os rapaces os atoparon comezaron a facer cábalas sobre o que poderían representar estes aneis, para que servirían …
Días despois recibimos un correo electrónico onde Simón poñíanos ó tanto de que ía a historia, pedíanos axuda para investigar sobre as olimpiadas e ademais encomendábanos algunha que outra tarefa para á preparación da súa viaxe a Xapón.
Os resultados das investigación foron moi bos, cada aula colaborou e a información quedou completísima. Grazas a exposición oral que fixeron os nenos e nenas de cada clase todos poidemos aprender moitas cousas que descoñecíamos.
Ahora podedes visitar a exposición con toda a información no hall do noso cole.
Estades invitados!






Chegou o entroido e como non podía ser de outra maneira Simón tivo unha gran idea. Pediunos que celebrásemos a gala inaugural das olimpiadas. Para iso, cada aula escolleu un país e elaborou a súa bandeira, un traxe representativo e escolleu unha canción para o desfile.
3 e 4 anos: Tanzania
5 anos: México
1º e 2º de E.P.: China
3º de E.I.: Australia
4º de E.P: Italia
5º de E.P: Francia
6º de E.P: Escocia
O resultado foi boísimo!!
Comments