top of page

Segunda Tarde de Historias, o xoves 3 de maio

Repetimos a experiencia do pasado mes de febreiro e por iso presentamos aquí a Segunda Tarde de Historias que consistirá en dúas actividades pensadas para o alumnado do noso colexio. A primeira delas está dirixida aos nenos e nenas de segundo, terceiro e cuarto de primaria e consistirá nunha sesión de contacontos acompañada da proxección dunha película curta titulada El príncipe Ceniciento.

A outra actividade programada está orientada aos alumnos de quinto e sexto de primaria e consistirá neste caso nunha audición de músicas de diferentes países do mundo e nunha especie de viaxe musical.

As dúas actividades desta Segunda Tarde de Historias terán lugar o  o vindeiro xoves 3 de maio de 4 a 5 da tarde. Agardamos que veñades. Aqueles nenos que non se anotaron aínda poden facelo ata o luns día 30 pois o martes é festivo.Animádevos!



 
 
 

Comentários


Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

36614 - Baión

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

bottom of page