top of page

Un segundo premio en Bucarest

Os alumn@s que o curso pasado estaban en 4º de Primaria , participaron baixo a coordinación da mestra Belén Junquera no programa eTwwinning. O seu proxecto era “Kids hands in hands” e nel tamén participaban outros sete centros europeos. Recibimos con moita emoción a noticia de que o noso Centro estaba entre os finalistas na súa categoría. A prensa tamén se interesou por esta nova que saiu publicada na Voz de Galicia e no Faro de Vigo. Tivo repercusión na tele , cunha pequena reportaxe emitida en Tele Salnés onde entrevistaron tanto aos nen@s participantes como á mestra responsable do traballo. Ao Centro chegaron felicitacións de diferentes organismos. A entrega de premios tivo lugar en Bucarest (Rumanía)durante a Conferencia anual eTwinning do 14 ao 16 de marzo.Entre os asistentes estivo Belén Junquera. Aínda que primeiro premio foi parar a outras mans , para os nen@s de Sestelo-Baión o feito de quedar de segundos na súa categoría xa foi toda unha vitoria. Parabens para todos eles!

Poden ver máis información en: http://www.sip.be/sTAManD/feelings/kidshandinhand.htm(información e imaxes sobre o proxecto “Kids hand in hand”)

http://etwinning.cnice.mec.es/noticias/index.php?4&0 (información na web eTwinning sobre os premios)

PODEDES VER A ENTREVISTA DE TELESALNÉS NO SEGUINTE ENDEREZO

 
 
 

Comments


Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

36614 - Baión

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

bottom of page