Unha viaxe musical a través do mundo
- EDLG Baión
- 3 may 2012
- 1 Min. de lectura

Esta vez todo transcorreu ben e puidemos celebrar a 2ª Tarde de Historias na escola. Os rapaces máis maiores asistiron á audición de 11 pezas musicais procedentes de diferentes países do mundo. Do que se trataba era de reflexionar sobre a riqueza cultural do planeta e sobre a conveniencia de abrir a nosa mente a novos sons, a novos estilos e instrumentos.
A audición foi acompañada de diverso material co fin de sacar o maior proveito á música. Sobre un mapa do mundo os nenos foron sinalando os países mencionados, trazando deste xeito unha viaxe que os levou desde Suráfrica á India pasando por Cuba, Irlanda ou Cabo Verde.
A parte máis lúdica da actividade consistiu en escoitar con atención cada unha das pezas e tratar de adiviñar a qué país correspondía. Foi unha tarde moi entretida e relaxada na que ademais aprendemos un montón de cousas. Todos os nenos levaron un pequeno folleto con máis información sobre as tradicións musicais dos distintos continentes.
Estas foron as cancións escoitadas na audición de hoxe:
Grecia: Horos Tou Zorba, de Mikis Theodorakis
Rusia: Troika, da Andreyev Balalaika Ensemble
Arxentina: Mi Buenos Aires querido, de Carlos Gardel
Suráfrica: Unomathemba, de Ladysmith Black Mambazo
Paquistán: Dum Must Qalandar, de Nusrat Fateh Ali Khan
Malí: Kala Djula, de Ali Farka Touré e Toumani Diabaté
India: Raga Rasiya, de Ravi Shankar
Irlanda: Women of Ireland, de Seán Ó Riada
Cabo Verde: Sodade, de Cesaria Évora
Cuba: Chan chan, de Compay Segundo
Comentarios