VIAXE POLA RÍA DE AROUSA
- EDLG Baión
- 22 jun 2010
- 1 Min. de lectura
Neste terceiro trimestre os nen@s de 6º embarcamos no peirao de Vilanova rumbo a Ría de Arousa. O patrón do barco “Trepa” explicounos que o barco tiña 50 anos pero arranxouse para levar pasaxeiros; non podían ir máis de 18 persoas. Contounos algunhas historias vividas por el mesmo. Antes os barcos enchíanse de peixe e durmían por turnos, mentres uns descansaban outros traballaban, a isto chamábanlle “a cama quente”. Os barcos levaban a bordo un rapaz que facía as tarefas rutinarias. Visitamos unha batea onde puidemos observar como extraían o mexilón e alí explicáronnos que en Galicia había unhas 1.500 bateas , todas do mesmo tamaño. Para suxeitalas ó fondo colocaban o morto (pedra de gran peso)e para manter a estabilidade colocaban bidóns de auga.Só podían extraer uns 350 Kg diarios e nese intre estaban traballando uns bateeiros. Tamén nos ensinaron unha carta náutica e o funcionamento do GPS. Foi unha visita moi didáctica onde aprendimos moitas cousas do noso entorno.
댓글